O Goberno Local concede a licenza para executar a ampliación do Museo do Pobo Galego

O Goberno Local concede a licenza para executar a ampliación do Museo do Pobo Galego
O Goberno Local concede a licenza para executar a ampliación do Museo do Pobo Galego

A adquisición do legado Maside para a súa exposición pública foi posible grazas ao acordo asinado entre o Consorcio e a Deputación da Coruña, que financiaron a compra das 21 obras con cadansúa achega de 215.000 euros

A Xunta de Goberno aprobou onte o convenio co Consorcio de Santiago para a cesión das obras do legado do pintor Carlos Maside, adquiridas grazas ao financiamento do organismo interadministrativo e da Deputación da Coruña. O acordo é o paso previo necesario para a exposición pública da obra, nun espazo cedido pola Universidade de Santiago.

A adquisición do legado Maside para a súa exposición pública foi posible grazas ao acordo asinado entre o Consorcio e a Deputación da Coruña, que financiaron a compra das 21 obras con cadansúa achega de 215.000 euros. Na operación implicouse a Universidade de Santiago, que cede o espazo do Pazo de Fonseca no que se mostrará a obra. 

O alcalde, Martiño Noriega, expresou a súa satisfacción, porque "un proxecto de cidade como é recuperar e mostrar o legado Maside é compartido por todas as administracións a través do Consorcio, e tamén por outra institución fundamental de Compostela como é a súa Universidade".

AMPLIACIÓN DO MUSEO DO POBO GALEGO

Na Xunta de Goberno de onte tamén se acordou conceder a licenza necesaria para executar o proxecto de adecuación da ala sur do convento de San Domingos de Bonaval. Trátase dunha actuación financiada polo Consorcio e que permitirá ampliar o espazo expositivo do Museo do Pobo Galego. Precisamente, o Consorcio aprobou onte, no seu consello de administración, a concesión dunha subvención directa para acometer esta rehabilitación.

O proxecto permitirá ampliar o Museo do Pobo Galego nunha superficie de 1.600 metros cadrados. Parte dese espazo será para ampliar a exposición permanente do Museo, outras dependencias dedicaranse a mostras temporais, e outras zonas habilitaranse para oficinas e almacén.

AMPLÍASE O PRAZO DAS OBRAS DA PASARELA DO CEIP FONTIÑAS

A Xunta de Goberno acordou tamén hoxe ampliar en dous meses o prazo de execución de dúas obras: a pasarela do CEIP de Fontiñas e a ampliación do patio e dotación do parque infantil do CEIP Quiroga Palacios. No primeiro caso, a ampliación débese á necesidade de retranquear unha liña eléctrica non prevista no proxecto, e na segunda a traballos complementarios de saneamento.

Comentarios
Lo más