Recomendacións con motivo do concerto de Bob Dylan no Multiúsos do Sar

Recomendacións con motivo do concerto de Bob Dylan  no Multiúsos do Sar
Recomendacións con motivo do concerto de Bob Dylan no Multiúsos do Sar

Recoméndase empregar o servizo de transporte público para achegarse ao recinto do concerto, debido ás posibles dificultades de estacionamento pola alta afluencia de persoas prevista.

Con motivo do concerto que ofrecerá Bob Dylan hoxe luns, 29 de abril, no Multiúsos de Sar, a Concellaría de Convivencia recomenda aos condutores evitar no posible o paso pola rúa de Diego Bernal durante as horas previas e posteriores ao concerto, por mor das previsibles restricións circulatorias.

Ademais, recoméndase empregar o servizo de transporte público para achegarse ao recinto do concerto, debido ás posibles dificultades de estacionamento pola alta afluencia de persoas prevista. Haberá servizos especiais de transporte entre as 17:00 e as 21:00 horas e despois do concerto. 

SERVIZO DE BUSES

LIÑA C11 (frecuencia de paso de 12’): a liña C11 realizará prolongacións para o acceso ao multiusos, en todos os seus servizos entre as 17:00 e as 21:00 (pasos aproximados polo centro da cidade). 

As paradas máis céntricas para coller esta liña son: 673, rúa Xeneral Pardiñas nº 35 (esquina Rep. Arxentina); 674, rúa Xeneral Pardiñas nº 7 (esquina Montero Ríos); 409, Praza de Galicia (ferretería); 228, rúa da Ensinanza; 662, Virxe da Cerca nº 10 (praza de Abastos).

SERVIZO LANZADEIRA de xeito continuado, desde as 17:00 ata as 21:00. Punto de saída: carril bus da rúa do Hórreo, á altura da escalinata da estación de ferrocarril. Directo ata o multiusos Fontes do Sar.

Ao remate do concerto, manterase o SERVIZO LANZADEIRA a partir das 22:45. Os autobuses irán desde o multiusos con destino á avenida de Lugo, cruce coa rúa do Hórreo

LIÑA 9 (frecuencia de paso de 60’): pasos aproximados polo centro da cidade a multiusos, na parada 598, rúa da Senra nº 13: 16:40, 17:40, 18:40… cada 60’… ata 22:40

Comentarios