Sube un 2,39% a sinistralidade laboral no último ano en Galicia

Sube un 2,39% a sinistralidade laboral no último ano en Galicia
Sube un 2,39% a sinistralidade laboral no último ano en Galicia

Dende a entrada en vigor da Reforma Laboral increméntase progresivamente a sinistralidade laboral en Galicia, case nun 25%, con 317 traballadores falecidos

Un ano máis, este 28 de abril, convértese nunha data na que os sindicatos van alzar a súa voz en lembranza e recoñecemento público de todas as persoas traballadoras vímas dun accidente laboral ou dunha enfermidade profesional. Esta data tamén serve para denunciar e poñer en evidencia que os danos derivados do traballo son evitables e que tanto as empresas como as administracións teñen grandes responsabilidades nesta materia. No 2019, o 28 de abril UGT o celebra baixo o lema “Traballos tóxicos. 28A: Toma o control. Esixe un traballo sen riscos”.

Dende UGT-Galicia denúnciase que, 23 anos despois da publicación da Lei de prevención de riscos laborais, constátase que gran parte dos seus obxec vos están aínda pendentes. Esta situación de incumprimentos agudizouse polas polí cas de axuste impostas polos gobernos do PP en Madrid e en Galicia, sobre todo, pola reforma laboral.

De feito, dende o 2013, coincidindo coa entrada en vigor da Reforma Laboral, Galicia sufriu un constante incremento da sinistralidade laboral. Neste período faleceron 317 traballadores en accidente de traballo en Galicia, presentando esta Comunidade no 2018 un índice de incidencia de accidentes mortais un 86% superior á media do Estado. 2018 supuxo o quinto ano consecu vo de incremento da sinistralidade laboral en Galicia, cun aumento dos accidentes no traballo entre 2013 e 2018 dun 24,90%. E o 2019, segundo os úl mos datos dispoñibles referidos aos meses de xaneiro e febreiro, arranca coa mesma tendencia, con 4.574 accidentes rexistrados, fronte aos 4.449 do 2018 neste mesmo período, o que representa un incremento do 2,80%. Os graves increméntanse nun 8,82% ao pasar de 68 a 74, e os mortais increméntanse nun 125% ao pasar de 4 a 9.

O “DESCANSO PREVENTIVO” OU OS “PERMISOS RETRIBUÍDOS”,  OCULTAN ACCIDENTES SEN NOTIFICAR

E, todo isto, a pesar da deficiencia e interesada catalogación dos accidentes: accidentes con graves consecuencias e longos períodos de recuperación no ficados como leves e accidentes leves que non se rexistran. Figuras como o “descanso preven vo” ou os "permisos retribuídos”, que ocultan accidentes sen no ficar, esténdense polas empresas deste país. E o que é peor, cada vez máis traballadores renuncian ao seus dereitos para recuperar a saúde por medo a perder o seu posto de traballo.

A sinistralidade laboral, xunto coa precariedade, segue a ser unha das grandes lacras do mercado de traballo deste país, ademais, nunha alta porcentaxe dos casos ambas van da man. E as estaEs cas neste senso seguen a ser moi incisivas pero non se pode esquecer que detrás destas hai traballadores mancados e no peor dos casos que perden a vida coas consecuencias que isto acarrea no eido laboral, económico e persoal para eles e as súas familias.

NO 2018 REXISTRÁRONSE EN GALICIA 27.941 ACCIDENTES LABORAIS

No ano 2018 en Galicia rexistráronse un total de 27.941 accidentes laborais, fronte aos 27.288 de 2017, un 2,39% máis que no 2017. Deste total, 50 foron mortais, 430 graves e 27.461 de carácter leve. Por sectores, en cifras absolutas, o servizos é o que máis sinistros rexistra, 13.245. Non obstante, os maiores incrementos danse na construción, cun aumento do 7,63%.

No 2018 en Galicia, o sector de ac vidade co maior índice de incidencia foi a construción: con 6.726,22 accidentes por cada cen mil traballadores/as afiliados, duplica a media dos índices sectoriais. Séguenlle a industria e a pesca con 6653,91 e 5501,88 accidentes, respec vamente. A agricultura ocupa o cuarto posto con 4193,83 accidentes e, por debaixo da media dos índices sectoriais, queda o sector dos servizos, co valor de 2228,35.

Ao poñer en relación o número de partes de accidentes de traballo coa poboación asalariada que reflicte a enquisa de poboación ac va (EPA), pódese concluír que, en proporción, sofren máis accidentes as persoas con menos an güidade no seu posto de traballo.

O 21% DOS ACCIDENTES OS SOFREN TRABALLADORES CUNHA ANTIGÜIDADE INFERIOR A TRES MESES

No 2018, segundo datos do ISSGA, o 21 % dos accidentes con baixa en xornada laboral sufríronos persoas con an güidade inferior a tres meses no posto de traballo. A porcentaxe é moi elevada, pois representaban un 6 % da poboación asalariada. De feito, dos 12 .524 accidentes de persoas que levaban un ano ou menos na empresa, o 48 % (6074 accidentes) déronse entre as que ñan unha an güidade inferior a tres meses.

No extremos oposto, entre as persoas que levaban máis de tres anos na empresa ocorreron o 40 % dos accidentes.

A TEMPORALIDADE TEN AS SÚAS PEORES CONSECUENCIAS NA SINISTRALIDADE

A temporalidade ten as súas peores consecuencias na sinistralidade laboral. En proporción, os traballadores e traballadoras cun contrato temporal sofren máis accidentes ca os que teñen unha relación estable.

No ano 2018, o 41,7 % dos accidentes de traballo con baixa en xornada laboral sufríronos persoas cun contrato temporal. Tendo en conta que a poboación asalariada temporal representaba o 26,6 % do total, é evidente que a relación entre os sinistros e o po de contrato non é aleatoria.

En cambio, a porcentaxe de accidentes entre as persoas cun contrato indefinido (o 54,1 % dos accidentes) queda por baixo da representación dese colec vo no emprego por conta allea (no 2018, o 73,4 % das persoas asalariadas ñan un contrato indefinido).

Os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral aumentaron entre as persoas con contrato temporal e, pola contra, baixaron nas que ñan un contrato indefinido.

A SINISTRALIDADE MEDROU EN TODAS AS PROVINCIAS 

Por provincias, aclarar que a sinistralidade medrou en todas, destacando o caso de Ourense, onde a suba foi dun 7,80%; o incremento foi dun 7,52% en Lugo; dun 1,43 en A Coruña e dun 0,48% en Pontevedra.

Ademais, na provincia de Lugo tamén se rexistra unha suba da sinistralidade de carácter mortal moi significa va, ao pasar de 8 a 12 persoas falecidas, un incremento dun 50%.

INFRADECLARACIÓN DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Outra das pezas deste quebracabezas son as enfermidades profesionais que supoñen un custe para o Sistema público de saúde e para os traballadores. Aínda que se produce un aumento na declaración das enfermidades profesionais, UGT-Galicia considera que aínda se produce unha infradeclaración das mesmas porque moitas enfermidades que teñen orixe laboral non son consideradas como tal. Así é o caso das enfermidades profesionais de orixe mul causal e non exclusivo do traballo, como é o caso dos cancros e as enfermidades cardiovasculares. Ademais, no cadro español de enfermidades profesionais non se inclúe ningunha relacionada coa organización e a carga de traballo.

Dende UGT-Galicia insístese en que esta infradeclaración das enfermidades profesionais provoca que o custe da súa xes ón sexa asumido polo Sistema público de saúde, en lugar de polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.

Ademais, segue a rexistrarse unha alta porcentaxe de enfermidades profesionais declaradas sen baixa. UGT considera que isto pode deberse máis ao temor á perda do emprego na situación actual que á aplicación de medidas preven vas no seno das empresas e, por suposto, ao endurecemento das condicións para prescribir a baixa que aplican as mutuas.

AS MULLERES GALEGAS SOFREN MÁIS AS ENFERMIDADES PROFESIONAIS QUE OS HOMES

Por xénero, dentro das enfermidades profesionais con baixa, destaca que se rexistra unha declaración superior no caso das mulleres (739), fronte ás 726 dos homes. Isto, a pesar da menor presenza das traballadoras no eido laboral.

Concretamente, tanto no caso dos homes como das mulleres as enfermidades do grupo II nos sectores da industria e servizos son as máis declaradas. O grupo II reMrese ás causadas por axentes Msicos. A gran maioría son orixinadas por trastornos músculo esquelé cos que, sobre todo, afectan ás costas, pescozo, ombreiros e extremidades superiores. Nos casos máis crónicos poden derivar en discapacidade ou imposibilidade para traballar.

A GRAN LACRA SON OS TRASTORNOS MÚSCULO ESQUELÉTICOS

UGT-Galicia considera que urxe atoparlle unha solución ao problema que xeran os trastornos músculo esqueléticos. Empezando por previr nas empresas a orixe do risco, realizando avaliacións ergonómicas, implantando medidas preven vas e informando e formando, tanto aos traballadores e traballadoras, como aos seus representantes.

O Sindicato insiste na importancia de conseguir un recoñecemento e declaración efec va das enfermidades profesionais. Unha cues ón importante para todos, para a empresa, porque a prevención supón un aforro e non un custe, e para os propios traballadores, primeiro pola súa saúde e pola propia economía familiar, xa que un traballador enfermo recibirá un subsidio menor se ten recoñecida a súa enfermidades como con nxencia común en lugar de como con nxencia profesional.

Comentarios
Lo más