Falece un home en Carballo tras caer nunha fosa

Falece un home en Carballo tras caer nunha fosa
Falece un home en Carballo tras caer nunha fosa

Os servizos sanitarios non puideron facer nada pola vida do home

Un home perdeu a vida onte á tarde en Carballo despois de caer dentro dunha fosa de zurro. Sucedeu no lugar de Troián do Medio, na parroquia de Sofán, ao fío das 13:05 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido. Indicaba no seu relato que o home atopábase a uns dous metros de profundidade no interior da fosa e engadía que, no momento dos feitos, o pozo estaba baleiro.

Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, a Protección Civil e á Policía Local.

Unha vez no lugar do suceso, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Comentarios