Feridas tres persoas na Pobra do Caramiñal depois de caer por unha ladeira

Feridas tres persoas na Pobra do Caramiñal depois de caer por unha ladeira
Feridas tres persoas na Pobra do Caramiñal depois de caer por unha ladeira

Os feridos foron trasladados ata o centro hospitalario 

Tres persoas resultaron feridas esta tarde ao caer por unha ladeira o coche no que circulaban na Pobra do Caramiñal. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a pendente pola que caeu o vehículo era duns setenta metros, polo que foi precisa a intervención dos servizos de emerxencia para chegar ata os ocupantes do coche e prestarlles asistencia médica.

Ocorreu no Monte da Curota, ao redor das 18:10 horas de onte. Ata o lugar achegáronse os efectivos sanitarios e, tras ser alertados polo 112 Galicia, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros de Ribeira e os membros de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Finalmente, as tres persoas feridas foron trasladadas a un centro hospitalario.

Comentarios
Lo más