Morre un home en Boiro tras caer do seu cabalo

Morre un home en Boiro tras caer do seu cabalo
Morre un home en Boiro tras caer do seu cabalo

Os sanitarios non puideron facer por salvarlle a vida ao home

Un home perdeu a vida ao caer dun cabalo a pasada tarde en Boiro, concretamente no lugar de Runs, uns minutos despois das 19:00 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alerta do sucedido.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida.

Comentarios