En Común-Unidas Podemos fai un chamamento á mobilización masiva nesta xornada electoral

En Común-Unidas Podemos fai un chamamento á mobilización masiva nesta xornada electoral
En Común-Unidas Podemos fai un chamamento á mobilización masiva nesta xornada electoral

"Se a xente nova se mobiliza pode decir o futuro do noso país, facer historia. Que todo o mundo vaia votar e que a xornada transcurra con tranquilidade", explicou a candidata Yolanda Díaz

En Común-Unidas Podemos fai un chamamento á "mobilización masiva" nesta xornada electoral para acudir ás urnas. 

"Houbo moita xente na cadea para que hoxe poidamos votar. É un día especial, fago un chamamento para que todo o mundo vaia votar. Debemos exercer o noso dereito ao voto. É clave. Se nós non votamos, outros van votar por nós", afirmou a candidata Yolanda Díaz, que destacou especialmente o chamado á mocidade.

"Se a xente nova se mobiliza pode decir o futuro do noso país, facer historia. Que todo o mundo vaia votar e que a xornada transcurra con tranquilidade", explicou a candidata.

O cabeza de lista pola Coruña Antón Gómez-Reino, fixo un chamado a unha "mobilización masiva" porque neste domingo "está en xogo a democracia".

"O proceso de maduración democrática da sociedade galega ten un longo perocorrido, somos unha sociedade avanzada na defensa dos dereitos sociais. Esperamos unha votación masiva para defender a democracia nun contexto onde está en risco. É un gran día para saír a votar", afirmou. 

A candidata por Ourense, Ledicia Piñeiro, insistiu en que son unhas eleccións importantes "para poñer nas institucións a persoas coas mans libres que fagan política para as maiorías".

A candidata por Lugo, Vanessa Somoza, animou a votar "ás pensionistas, a desempregados, ás mozas e mozos, traballadores, feministas" porque "hoxe xogámonos o futuro". 

Comentarios
Lo más