Kalandraka presenta hoxe na Feira do Libro de Santiago o libro "Viaxeiros"

Kalandraka presenta hoxe na Feira do Libro de Santiago o libro "Viaxeiros"
Kalandraka presenta hoxe na Feira do Libro de Santiago o libro "Viaxeiros"

Ademais de “Viaxeiros”, a participación de KALANDRAKA na Feira do Libro de Santiago continuará este xoves 2 de maio ás 18:00 horas cos autores Francisco Fernández Naval e Manolo Figueiras presentando “Os contos da Avoa Pepa”

"Viaxeiros” é o sexto volume da serie ‘Animais extraordinarios’, publicada na sección de Ciencia de KALANDRAKA. O seu autor e coordinador da colección, Xulio Gutiérrez, canda o ilustrador dos libros, Nicolás Fernández, presentarán a súa nova obra hoxe, luns día 29, ás 19:45 horas na Feira do Libro de Santiago (Paseo Central da Alameda) acompañados polo profesor e escritor Agustín Agra. Este traballo permite acompañar os animais que -por terra, mar e aire- realizan as viaxes máis longas e arriscadas, co obxectivo de sobrevivir.


Ademais de “Viaxeiros”, a participación de KALANDRAKA na Feira do Libro de Santiago continuará este xoves 2 de maio ás 18:00 horas cos autores Francisco Fernández Naval e Manolo Figueiras presentando “Os contos da Avoa Pepa”.

Finalmente, o sábado día 4 ás 20:00 horas, o escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval guiará unha ruta de natureza pola Alameda para presentar a colección “Vitamina N” formada polas obras tituladas “A Torre”, da que é autor, e “Corredoira”, de Robert Macfarlane, Dan Richards e Stanley Donwood. Ambas foron traducidas ao galego por Xesús Fraga.

Comentarios
Lo más