Goretti Sanmartín valora positivamente os resultados do BNG nas eleccións xerais

Goretti Sanmartín valora positivamente os resultados do BNG nas eleccións xerais
Goretti Sanmartín valora positivamente os resultados do BNG nas eleccións xerais

O BNG duplicou os votos recibidos nas anteriores Eleccións Xerais de 2016

A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, realizou unha valoración dos resultados electorais do 28A “para agradecer a todas as persoas que optaron por coller a papeleta do BNG nestas Eleccións Xerais, por confiar en nós, na nosa alternativa”.

Ademais quixo trasladar “unha mensaxe de optimismo e moitísima confianza de cara ás próximas eleccións municipais porque neste caso Santiago de Compostela foi a cidade do conxunto do país con mellor porcentaxe, próxima ao 9% de voto ao BNG, onde duplicamos os votos recibidos nas anteriores Eleccións Xerais de 2016”.

O BNG consolídase como referencia política para unha parte moi importante da poboación “que durante a campaña nos trasladou que este apoio era o que significa o proxecto do BNG”, explicou.

“Como o habitual é que o BNG reciba máis apoio nunhas municipais que nunhas xerais, pensamos que imos incrementar este apoio e imos traballar a partir de hoxe mesmo xa nesa mensaxe de comunicar as nosas propostas, de falar con todo o asociacionismo para que a xente vexa que estamos nunha época de remontada, de esperanza e de enerxía para o BNG, que ten equipo e capacidade demostrada para liderar unha alternativa en Santiago de Compostela; imos a partir de agora facer un traballo moi intensivo de cara a conseguir os mellores resultados nas eleccións de 26 de maio de 2019", asegurou a candidata.

Comentarios
Lo más