"Misa streaming" en Negreira

"Misa streaming" en Negreira
"Misa streaming" en Negreira

A falta de párroco para oficiar, a comisión de festas colocou unha pantalla no altar

A festa de San Xurxo Pequeno na parroquia de Gonte en Negreira tivo misa onte. E é que despois de que o párroco non se personase por segunda vez, a comisión de festas colocou unha pantalla no altar e os fieles puideron seguir a liturxia para venerar ao santo protector das vacas.

O párroco, Juan José Fernández asegurou que a xente sabía que non iría: "Eles xa sabían que non había as misas rezadas, porque pola cantidade de pastoral que teño é imposible". Ademáis síntese molesto porque, segundo afirma, "colocaron folletos con horarios de misas rezadas sen contar comigo, xa que unicamente falamos da misa cantada". O párroco esixiulle á comisión cobrar por anticipado as misas, xa que pagan con retraso, pero a comisión non quixo.

A comisión, pola súa parte, quéixase das poucas misas que se están levando a cabo en Gonte, en comparación co resto de parroquias nas que este cura oficia. Pero tamén opinan que os honorarios están máis altos que o que establece o Arzobispado.

Comentarios