O BNG de Oroso denuncia a falta de atención pediátrica no Concello

O BNG de Oroso denuncia a falta de atención pediátrica no Concello
O BNG de Oroso denuncia a falta de atención pediátrica no Concello

Á non substitución das dúas pediatras súmase a da enfermeira pediátrica

Dúas pediatras e unha enfermeira son o persoal que atende as crianzas dun dos poucos concellos, Oroso, no que o crecemento de poboación é real e que, ano a ano, aumenta no número de crianzas.

Estes efectivos son insuficientes a todas luces, pero é o que o SERGAS nos deixa por moito que desde o BNG levemos tempo esixindo unha segunda enfermeira pediátrica.

Se este abandono da veciñanza de Oroso por parte do SERGAS é grave, multiplicase cando non se cobren as baixas deste escaso persoal.

Non pode pretender o goberno do Partido Popular na Xunta de Galiza que cunha pediatra catro horas ao día se cubra o servizo, “o mínimo -recorda o Concelleiro do BNG Diego Boquete- sería un pediatra a xornada completa, e cando falo de mínimo é mínimo, o resto é un desleixo total polas nosas crianzas”.

“Se con isto non é xa suficientemente grave a situación agora vemos que tampouco teñen pensado substituír a única enfermeira pediátrica do centro” remarca o Concelleiro que remata solicitando que toda a veciñanza que teña que facer uso dos servizos de pediatría presente unha queixa no propio centro médico.

Desde o BNG de Oroso esiximos que se cubran as baixas do persoal do centro de saúde á maior brevidade, solicitude que lle imos trasladar ás compañeiras do Parlamento galego para que presenten unha queixa parlamentar desde o BNG en nome da veciñanza de Oroso.

Comentarios