Presentación de Tres Edicións de Leite

Presentación de Tres Edicións de Leite
Presentación de Tres Edicións de Leite

Hoxe 30 de abril ás 20:30 en Libraría Chan da Pólvora

Do primeiriño que podemos ler no wordpress de Leite Edicións é "NON SOMOS UNHA EDITORIAL", sobre un debuxo no que saen Afra Torrado e Pablo Rodríguez os non-editores deste proxecto fresco e irreverente que vende produto galego, vegano (o leite é de améndoa) e de primeira necesidade.

Pois caldeiro en man, a recolle-lo alimento. Hoxe 30 de abril ás 20:30, presentaranse na Libraría Chan da Pólvora tres das últimas publicacións leiteiras: Sutura de Lucía Cernadas, Abrir as fiestras de Cinthia Romero Muñiz e Comparsa de Arancha Nogueira.

Tres voces coma tres campos enormes para o voso deLEITE! Presenta Afra Torrado.

Comentarios
Lo más