Martiño Noriega: "Foi derrotada a liga de veteranos do PSOE que compra o marco discursivo da dereita"

Martiño Noriega: "Foi derrotada a liga de veteranos do PSOE que compra o marco discursivo da dereita"
Foto de arquivo
Martiño Noriega: "Foi derrotada a liga de veteranos do PSOE que compra o marco discursivo da dereita"

Despois das xerais, segue vendo a Bugallo como un rival máis

Segundo opina Martiño Noriega, actual alcalde de Santiago de Compostela, os resultados das eleccións xerais non teñen nada que ver coas próximas municipais do 26 de maio porque "son dinámicas diferentes". E engade que non quere ser "Pepito Grilo" sobre o tema da ruptura na confluencia de Galicia.

E cando lle preguntan sobre se agora ve máis rival ao líder do PSOE en Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, tras a eleccións xerais, responde que onte "foi derrotada a liga de veteranos do PSOE que compra o marco discursivo da dereita" que é onde sempre ubicou a Sánchez Bugallo: "Entendo que el pretenda agora vestires con outra roupa, pero el prefería a Susana e non a Pedro, prefería a Méndez Romeu e non a Gonzalo Caballero". Considérao igual que a calquer rival, como fai uns días.

Martiño Noriega afirma que as eleccións municipais serán un "novo contexto" e está "convencido que de ahí as cousas van ser diferentes". Recorda que o seu partido, Compostela Aberta, non participou nas xerais e que el sempre se centrou nas municipais. Considera que o seu partido "busca ser exemplo de que a unidade e a diversidade en claves inclusivas permiten conseguir hexemonías sin sectarismos". 

"Despois das municipais será o tempo de abrir os debates que haxa que abrir". E así contesta tanto cando se lle pregunta pola necesidade de refacer o espazo das confluencias galegas, tanto sobre si Villares debe dimitir.

Referente ás xerais, o que sí opina é que o feito de que se frenase ao bloque da dereita e extrema dereita é moi positivo para o alcalde, supón un "tremendo alivio ante o risco de involución que había". "Onte participaron os espazos de unidade popular de maneira diversa, coral e plural no bloque entendido como progresista, para frear ao bloque da dereita".

Comentarios
Lo más