Villares acusa ao PP de utilizar as institucións para protexer os seus intereses

Villares acusa ao PP de utilizar as institucións para protexer os seus intereses
Villares acusa ao PP de utilizar as institucións para protexer os seus intereses

O voceiro de En Marea sinalou na pregunta ao presidente que Feijóo protexe tanto á Valedora como ao director xeral de Minas

Luís Villares acusou a Feijóo e ao PP de manter o "abuso de poder" no goberno da Xunta de Galicia ao protexer, unha vez máis, a Valedora do Pobo, trala confirmación da sentenza contra ela e por non tomar ningunha decisión trala imputación por prevaricación ambiental do director xeral de Minas, Ángel Tahoces, pola súa actuación na mina de San Finx.

Villares lembrou que en ambos casos, o PP adoptou a mesma estratexia de protexer a corrupción e mantela sen tomar ningunha decisión que exemplifique o compromiso da Xunta coa limpeza democrática. Luís Villares lembrou na súa intervención que no pasado verán Feijóo comprometeuse no Parlamento de Galicia a "tomar nota" do que dixera a setenza do Tribunal Supremo sobre o caso da Valedora do Pobo. O Tribunal Supremo confirmou a sentenza condenatoria contra a Valedora, pero o PP mantén exactamente a mesma actitude de mantela no seu cargo. Segundo Villares, foi en "xullo de 2018 cando o presidente da Xuntan prometeu respectar a senteza, pero en abril de 2019 Feijóo segue sen respectar esa sentenza". Tamén lembrou Villares que en xullo do ano pasado o presidente da Xunta sinalou que o PP "respectaba as sentenzas porque é un partido democrático". O voceiro de En Marea preguntoulle a Feijóo se desde xullo de 2018 o "PP tiña deixado de ser un partido democrático".

Ademais do caso da Valedora do Pobo, Luís Villares lembrou o caso de Ángel Tahoces, imputado por prevaricación medioambiental pola reapertura da mina de San Finx. Villares sinalou que o presidente da Xunta de Galicia estaba "consentindo o clientelismo e a arbitrariedade" como marcas do actual goberno de Galicia", un goberno que vive sen distanciar a corrupción da acción de goberno e deixano permanenten sospeita sobre as motivacións para protexer a quen incumpre as leis.

Villares reclamou de Feijóo unha demostración clara de que está a favor da lei e de que acata as sentenzas cando afectan a cargos próximos ao PP como é o da Valedora do Pobo, ou cando as investigacións afectan a cargos da Xunta como o director xeral de Enerxía e Minas. No caso da Valedora do Pobo, o PP votou no Parlamento de Galicia para que, na práctica, continúe no seu cargo, e no caso de Ángel Tahoces, o goberno nin sequera, se plantexou pedirlle a dimisión como sería lóxico cunha acusación tan seria.

Comentarios
Lo más