Mércores e sábado: prohibición de aparcar polo pintado do estacionamento da Pontepedriña

Mércores e sábado: prohibición de aparcar polo pintado do estacionamento da Pontepedriña
Foto de arquivo
Mércores e sábado: prohibición de aparcar polo pintado do estacionamento da Pontepedriña

O mércores 1 pintaranse as prazas da parte do aparcadoiro máis próxima á rotonda do Hórreo, Amor Ruibal e Romero Donallo

O mércores 1 e o sábado 4 de maio procederase ao pintado do estacionamento da Pontepedriña para a súa entrada en funcionamento como zona ORA de longa duración.

O mércores 1 pintaranse as prazas da parte do aparcadoiro máis próxima á rotonda do Hórreo, Amor Ruibal e Romero Donallo, polo que durante todo o día estará prohibido o estacionamento neste tramo.

Do mesmo xeito, o sábado 4 procederase ao pintado das prazas máis afastadas do Ensanche, no tramo polo que se accede dende a rúa do Río Arriba. Tampouco se poderá estacionar nesta xornada durante a execución dos traballos.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Comentarios
Lo más