UGT e CCOO chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

UGT e CCOO chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade
Foto de arquivo
UGT e CCOO chaman á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade

Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais das dúas organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

Cambio de modelo produtivo

UGT e CCOO lembran que os beneficios do crecemento económico «só os están aproveitando uns poucos», pois as rendas do traballo non crecen ao mesmo ritmo que os beneficios empresariais. A pobreza e a desigualdade en todas as súas vertentes son «problemas reais» na nosa sociedade.

Ambos os dous sindicatos tamén reivindican un cambio de modelo produtivo cara a outro sostible e integrado co medio ambiente. Cómpre pór en marcha reformas que sirvan para transformar o tecido produtivo, potenciando un sector industrial que a penas representa o 17 % do PIB galego, e diversificando un modelo de crecemento excesivamente dependente do sector terciario e do turismo. Do contrario, auguran que o crecemento de emprego será «feble e precario», pon postos de traballo «con data de caducidade», como se puxo de relevo na última enquisa de poboación activa (EPA).

Axenda social

Desde CCOO e UGT coidan que «a cidadanía falou nas urnas o 28 de abril» e que o desexo da maioría da cidadanía é «a conformación dun Goberno progresista no Estado que desenvolva unha intensa axenda social». Entre as principais tarefas sitúan a derrogación das reformas laborais de de 2010 e 2012, combater o abuso das figuras laborais que aumentan a precariedade. Os sindicatos instan ao regreso ao diálogo social, á negociación colectiva sectorial e unha sociedade «xusta e cohesionada». Para conseguilo, cómpre reforzar o Estado do benestar mediante medidas como a derrogación da reforma de pensións de 2013, un plan de choque polo emprego de calidade ou unha reforma fiscal para dotar de máis recursos o sistema, entre outras actuacións.

En Santiago sairá ás 11:45 horas dende a Alameda.

Comentarios
Lo más