Feijóo pide "ensanchar o partido" para deter o xiro á dereita de Casado

Feijóo pide "ensanchar o partido" para deter o xiro á dereita de Casado
Foto de arquivo
Feijóo pide "ensanchar o partido" para deter o xiro á dereita de Casado

Según Feijóo, debe volver a o que sempre foi: "un punto de encontro entre persoas de diferentes sensibilidades"

Á súa chegada ao Parlamento de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, refererido ao desastre electoral do PP nas xerais, afirmou este martes que "temos que ensanchar o partido" para deter o xiro á dereita que emprendeu Casado. Según Feijóo, debe volver a o que sempre foi: "un punto de encontro entre persoas de diferentes sensibilidades".

Tamén excusouse de non acudir á xuntanza do comité executivo que estaba convocada hoxe na rúa Génova afirmando: "Houbérame gustado estar alí para unir o partido". Respecto ás municipais e autonómicas do 26 de maio, afirmou que o que hai que facer é ensanchar o partido, porque "cando o ensanchamos, gañamos, e cando o limitamos, lamentablemente non gañamos".

O presidente da Xunta de Galicia e líder dos populares galegos abriu as portas a votantes de Vox e Ciudadanos porque entende que "a maioría de votantes de Vox estarán decepcionados porque sen sabelo, colaboraron co triunfo do Partido Socialista ao dividir o voto". Da formación laranxa afirmou que "hay moitos otantes de Ciudadanos que collen no PP e así podemos ter unha alternativa ao PSOE".

Pero cando foi preguntado por se Pablo Casado debe continuar, Feijóo optou polo silencio, e solo dixo que "non é o momento de cerrar portas".

Comentarios
Lo más