Os hospitais do Sergas incrementan o seu número de camas e a cirurxía ambulatoria xa supón máis do 52% da actividade

Os hospitais do Sergas incrementan o seu número de camas e a cirurxía ambulatoria xa supón máis do 52% da actividade
Foto de arquivo
Os hospitais do Sergas incrementan o seu número de camas e a cirurxía ambulatoria xa supón máis do 52% da actividade

Pese a rexistrar un maior número de ingresos en 2017 respecto ao ano anterior, a estadía media diminúe


Os hospitais do Sergas son cada vez máis ambulatorios, xa que as intervencións cirúrxicas ambulatorias, é dicir aquelas nas que o paciente non precisa ingreso, representan xa máis do 52% da actividade. Así se desprende dos datos do Servizo Galego de Saúde, a 31 de decembro de 2017, onde se indica que non só se incrementa o número de camas instaladas nos hospitais da rede pública galega con respecto ao ano anterior (pasan de 7.010 en 2016 a 7.093 en 2017), senón que ademais auméntase nun 2% o número de ingresos hospitalarios, pasando de 236.000 ingresos no 2016 a 241.000 ao ano seguinte. Pese a haber máis ingresos, e mantendo unha mínima variacións o número de camas en funcionamento (pasando de 6.548 en 2016 a 6.543 en 2017), a estadía media diminúe e pasa a ser de 7,81 días fronte ao 7,91 do ano anterior.

O número de postos de hospital de día tamén se incrementan pasando a 1.017, 17 máis que o ano anterior e tamén aumentan en preto dun 2,8% o número de quirófanos en funcionamento,(259 en total, 7 máis que o ano anterior) e o número de quirófanos instalados (que pasan de 258 en 2016 a 263, en 2017).

No tocante ás consultas externas hospitalarias, estas tamén rexistran un aumento do 2,63% respecto ano anterior, pasando de 5.003.022 en 2016 a 5.164.600 en 2017. Mentres que as probas diagnósticas increméntase nun 2,48%, rexistrando neste periodo un total de 5.164.600 (161.578 probas diagnósticas máis que en 2016).

Comentarios