Un operario faleceu en Oia despois de sufrir un accidente mentres realizaba o seu traballo no monte

Un operario faleceu en Oia despois de sufrir un accidente mentres realizaba o seu traballo no monte
Foto de arquivo
Un operario faleceu en Oia despois de sufrir un accidente mentres realizaba o seu traballo no monte

Os feitos ocorrían ao redor das 19:30 horas da pasada tarde

Un home faleceu tras sufrir un accidente cando traballaba no monte, na zona forestal coñecida como “das Pozas”, no concello pontevedrés de Oia, en Loureza.

Os feitos ocorrían ao redor das 19:30 horas da pasada tarde. Foi a esa hora, cando o persoal da mesma empresa (dedicada á corta de madeira) e para a que traballaba o falecido alertou ao 112 Galicia sen poder aclarar as causas do accidente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e aos membros do GES de A Guarda. Malia que os servizos de emerxencia se desprazaron axiña ata o lugar, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Os Bombeiros de Baixo Miño tamén foron alertados do suceso polo 112 Galicia, así como o persoal do Servizo de GardaCostas de Galicia, posto que, debido ás dificultades que presentaba a zona para acceder ao corpo do infortunado barallouse, incluso, a saída do helicóptero Pesca 1 para facer o rescate. Finalmente, descartouse a súa intervención.

Polo momento, descoñécense as causas que provocaron o fatídico accidente.

Comentarios
Lo más