Francisco Fernández Naval presenta "Os contos da avoa Pepa" en Santiago

Francisco Fernández Naval presenta "Os contos da avoa Pepa" en Santiago
Francisco Fernández Naval presenta "Os contos da avoa Pepa" en Santiago

O texto, ilustrado por Manolo Figueiras, fala da perda da memoria e recupera a Galicia rural de antano

“Os contos da avoa Pepa” é o novo libro do escritor Francisco Fernández Naval e do ilustrador Manolo Figueiras, publicado por KALANDRAKA. A obra atesoura a memoria dos maiores ante as doenzas que anulan as súas lembranzas e evoca a Galicia de antano, con menos comodidades e sen os adiantos tecnolóxicos de hoxe en día, pero coa autenticidade e co encanto da paisaxe e da paisanaxe rural. No relato están presentes as historias que pasaban de xeración en xeración, dende os contos de fórmula e os xogos tradicionais, ata as adiviñas, as cantigas ou as fábulas. Os autores manterán un encontro co público hoxe xoves 2 de maio, ás 18:00 horas na Feira do Libro de Santiago (Paseo Central da Alameda).

A participación de KALANDRAKA na Feira do Libro de Santiago completarase este sábado 4 de maio ás 20:00 horas coa presenza do escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval, que guiará unha ruta de natureza pola Alameda para presentar a colección “Vitamina N” formada polas obras tituladas “A Torre”, da que é autor, e “Corredoira”, de Robert Macfarlane, Dan Richards e Stanley Donwood. Ambas foron traducidas ao galego por Xesús Fraga.

Comentarios
Lo más