Encontrado o corpo sen vida dun varón no interior do seu vehículo en Ribeira de Piquín

Encontrado o corpo sen vida dun varón no interior do seu vehículo en Ribeira de Piquín
Foto de arquivo
Encontrado o corpo sen vida dun varón no interior do seu vehículo en Ribeira de Piquín

O achado produciuse poucos minutos antes das 11:30 horas

Un home foi encontrado sen vida na mañá de hoxe no interior do seu vehículo, na estrada que vai de Ribeira de Piquín a Pontenova, no concello de Lugo.

Segundo a información facilitada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, o achado produciuse poucos minutos antes das 11:30 horas. O home atopábase no interior do turismo, sufriu unha saída de vía, precipitouse por un terraplén e bateu contra unha árbore. Os veciños da zona indicaron que dende un par de días non tiñan noticias da vítima.

Tras recibir a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.

Ata agora descoñécense as causas que puideron provocar o accidente e as forzas da orden tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

Comentarios