Santiago volve a sobrepasar o prazo para pagar facturas

Santiago volve a sobrepasar o prazo para pagar facturas
Foto de arquivo
Santiago volve a sobrepasar o prazo para pagar facturas

En febreiro alcanzou unha media de 53,8 días 

Compostela Aberta rematou o ano 2018 acadando unha media de 25 días para abonar as facturas a proveedores. Pero, segundo recolle un informe do Ministerio de Facenda, esta demora veuse incrementada en máis da mitade cando en febreiro alcanzou os 53,8 días. Esto coloca a Santiago entre as cidades que máis tardan en pagar, solo superada por Ourense con 58,7 días. 

Pero este cifra non foi o tope de Santiago, xa que en outubro chegou aos 87,5 días de demora. E acabou o 2018 cunha débeda de 12,52 millóns de euros o que supón un 12% máis que en decembro do ano anterior. Agora mesmo, e sempre según o informe de Facenda, o Concello ten facturas sen pagar por un importe de 6,86 millóns. Esto supón que reduciu a débeda á metade nestes catro meses de 2019.

En canto a Galicia, o concello que máis débeda ten é o de A Coruña con 9,07 millóns. Despois Santiago con 6,86 millóns e Ourense con 6,09 millóns. No cuarto posto está Vigo con 2,99 milllóns. Segue Pontevedra con 2,71 millóns e Lugo con casi 295.000 euros de débeda. Cabe destacar que de todas estas cidades, sólo Vigo con unha media de 10,27 días e Lugo con 10,4 días, son as únicas que pagan dentro dos 30 días fixados pola lei.


Comentarios
Lo más