O CEIP Agro do Muíño organiza este sábado un mercadillo solidario en beneficio dos escolares de Bombai

O CEIP Agro do Muíño organiza este sábado un mercadillo solidario en beneficio dos escolares de Bombai
O CEIP Agro do Muíño organiza este sábado un mercadillo solidario en beneficio dos escolares de Bombai

Durante a mañá, o patio do colexio acollerá múltiples postos con produtos como libros, xoguetes, utensilios para o fogar, aparellos

eléctricos, roupa...

Os alumnos e alumnas de 5ºB do CEIP Agro do Muíño organizan este sábado, 4 de maio, un mercadillo solidario no centro escolar en beneficio dos nenos e nenas que viven nos suburbios de Bombai. Durante a mañá, o patio do colexio acollerá múltiples postos con produtos como libros, xoguetes, utensilios para o fogar, aparellos eléctricos, roupa... O evento tamén contará cun posto de comida e bebida, varios sorteos e o concerto de Diego Moreira, cantante da orquestra París de Noia. Esta iniciativa é a culminación dun traballo que botou a andar en outubro ao abeiro do proxecto Escuelas Sonrientes, impulsado pola ONG Sonrisas de Bombay, mediante o que a clase de 5ºB está a manter contacto cunha aula da cidade india, ao tempo que incorpora diversas actividades temáticas ao plan de estudos da clase.

O mercadillo desenvolverase nas instalacións do CEIP Agro do Muíño este sábado, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Para o evento haberá habilitados varios postos nos que se venderán distintos obxectos cedidos polas familias, voluntarios/as e empresas colaboradoras. Entre as cousas postas á venta poderanse atopar libros, xoguetes, roupa nova e de segunda man, aparellos de cociña, aparellos electrónicos, puzzles, xogos de mesa, bombillas, etc. Todo elo a un prezo ao alcance de todos os petos, posto que todos os fondos recadados neste mercado irán destinados a posibilitar que os nenos e nenas desta escola de Bombai poidan continuar os seus estudos de cara ao vindeiro curso.

Asemade, ao longo da mañá tamén se habilitarán un posto de comida e bebidas, e un punto de venta dirixido pola coordinadora de voluntarios da ONG Sonrisas de Bombay en Galicia, no que estarán dispoñibles os libros 10 cuentos 10 sonrisas, e Mujeres de Bombay. La India de las más valientes. Durante a xornada sortearanse unha PlayStation 2, unha videocámara e un reprodutor DVD cun amplo lote de películas; e contarase coa actuación do cantante David Moreira, membro da orquestra París de Noia. Así, este evento conta coa colaboración do Concello de Ames, Bar de Mon de Santiago de Compostela, Cafetería Tropic de Bertamiráns, o almacén de material eléctrico e iluminación Gyemo e a ONG Sonrisas de Bombay.

Un proxecto social e educativo que une Ames e Bombai

Este mercadillo solidario é froito dun intenso traballo que comeza en outubro do 2018, mes no que bota a andar a posta en contacto entre a clase de 5ºB de Agro do Muíño e unha aula equivalente a 6º de primaria da cidade india de Bombai. Durante este intercambio, os nenos e nenas intercambiaron cartas e participaron nunha videochamada coa clase da cidade india, organizaron o mercadillo benéfico, e trasladaron esta temática a diversas materias curriculares co obxectivo de achegarse á situación dos seus novos compañeiros/as.

Esta iniciativa realizase ao abeiro do proxecto Escolas Sorrintes, impulsado pola ONG Sonrisas de Bombay, no que o CEIP Agro do Muíño colabora dende o ámbito educativo.

Así, o obxectivo é recadar fondos que posibiliten que os nenos e nenas que habitan nos marxinais "slums" de Bombai poidan continuar os seus estudos no colexio de cara ao vindeiro curso. Desta maneira, búscase mellorar a situación social destes cativos e cativas nunha idade na que moitos deles se ven obrigados a comezar a traballar e/ou a contraer matrimonios forzosos.

Así, no centro amesá este proxecto converteuse nun traballo no que colaboraron alumnos e profesores do centro, posto que as accións realizadas dentro deste proxecto trasladáronse a distintas materias como lingua, matemáticas, plástica, diversidade cultura, valores cívicos e sociais ou xeografía. Por unha banda, os nenos e nenas comunicáronse cos seus compañeiros de Bombai mediante cartas e unha videochamada en inglés, estudaron e elaboraron distintos textos informativos como circulares para avisar ás familias da celebración do mercadillo e redactaron unha entrevista dirixida a Jaume Sanllorente, fundador da ONG coa que colaboran neste proxecto durante a súa visita á Coruña. Asemade, tamén se fixeron cargo dos aspectos técnicos para a organización do evento do sábado.

Neste senso, elaboraron folletos para animar á xente a acudir ao mercadillo, para o que antes analizaron diversos exemplos deste tipo de panfletos, estudaron as cores, e deseñaron diversas propostas que foron sometidos a críticas construtivas en equipo ata chegar ao folleto final. Tamén botaron man das clases de matemáticas para estudar as medidas e os espazos, mediante o uso de copias dos planos reais do colexio, para propoñer a mellor maneira de organizar os postos así como os materiais necesarios.

Ademais, traballaron en equipo para, apoiados pola súa mestra, elaborar un inventario nun excel compartido no que verter os datos do inventario donado, unha clasificación dos produtos e os prezos aos que serán vendidos e o recadado.

Comentarios
Lo más