O grupo de Teatro da Maía representa “O Fidalgo” este venres na Casa da Cultura do Milladoiro

O grupo de Teatro da Maía representa “O Fidalgo” este venres na Casa da Cultura do Milladoiro
O grupo de Teatro da Maía representa “O Fidalgo” este venres na Casa da Cultura do Milladoiro

A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores e labradoras da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura

A obra de teatro en verso “O Fidalgo”, escrita por Xesús San Luís Romero, chega ao Milladoiro da man do Grupo de Teatro da Maía. A peza, estreada en 1918 en Santiago, xira en torno á figura dun cacique e a loita que emprenden os labradores e labradoras da zona de Bergantiños contra os foros impostos por esta figura.

A representación ten lugar este venres, 3 de maio, ás 21.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As invitacións para ver este espectáculos xa están todas esgotadas.

A historia dos últimos séculos en Galicia está marcada pola emigración, o caciquismo e a vida rural, temas que Xesús San Luís Romero soubo reunir nunha das súas obras máis coñecidas: O Fidalgo. Estreada o 17 de xaneiro de 1918 en Santiago de Compostela, este drama en verso en tres actos contou dende o comezo cunha forte acollida do público, que se traduciu en máis de 200 representacións ao longo da vida do autor, tanto dentro como fóra de Galicia.

Máis de 100 anos despois da súa estrea, o Grupo de Teatro da Maía representou este espectáculo o pasado 22 de marzo no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Tralo éxito de dita representación, o Grupo de Teatro da Maía volve a representar O Fidalgo, pero nesta ocasión na Casa da Cultura so Milladoiro. Será este venres, 3 de maio, a partir das 21.00 horas. As invitacións para ver este espectáculos xa están todas esgotadas.

Nesta obra cóntase como un xove anima a todo un pobo a loitar contra os foros e o poder do fidalgo, un autoritario cacique da comarca de Bergantiños que goberna á súa vontade as vidas da xente que vive nas súas terras. Unha peza de gran dificultade debido ao amplo número de personaxes que interveñen na acción e á súa condición de teatro en verso. Adaptada por Antonio Rodeiro, o elenco está formado por máis de quince persoas.

Comentarios
Lo más