Concerto de Climacus Ensemble no Paraninfo da Universidade

Concerto de Climacus Ensemble no Paraninfo da Universidade
Concerto de Climacus Ensemble no Paraninfo da Universidade

Climacus Ensemble, nacida en 2016 na Universidade Afonso X O Sabio (Madrid), comezou a traballar co mestre e concertista Giuseppe Devastato, e actualmente o fan co violonchelista Iván Siso

A formación Climacus Ensemble formada pola violinista Cristina Sánchez de la Fuente, a cello María Fernández Castillo e a pianista compostelá Lara Martínez Taboada ofrecerá este venres 3 ás 20.30 horas un concerto no Paraninfo da Universidade con obras de Robert Schumann e César Franck.

Climacus Ensemble, nacida en 2016 na Universidade Afonso X O Sabio (Madrid), comezou a traballar co mestre e concertista Giuseppe Devastato, e actualmente o fan co violonchelista Iván Siso.

O seu desenvolvemento artístico enriqueceuse co consello de músicos como Benedicte Palko e con recoñecidos directores de orquestra como Konrad Von Abel, Miguel Romea ou Andrés Salado. En 2017 foron semifinalistas no Concurso Piano Meeting celebrado en Ourense.


Comentarios
Lo más