O 22 de maio entre en vigor a nova Lei de Rehabilitación

O 22 de maio entre en vigor a nova Lei de Rehabilitación
Foto de arquivo
O 22 de maio entre en vigor a nova Lei de Rehabilitación

Un dos obxectivos a conseguir con esta lei é axilizar a tramitación para a recuperación dos cascos históricos e núcleos rurais

O vindeiro mércores 22 de maio entrará en vigor a Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia. Eso supón que se pon en marcha vinte días naturais despois de ser publicada onte no DOG. Un dos obxectivos a conseguir con esta lei é axilizar a tramitación para a recuperación dos cascos históricos e núcleos rurais. Para iso, queren recuperar e aproveitar o que xa está construído e impulsar a cultura da rehabilitación.

A normativa ten dúas partes, a rehabilitación estricta de eficios, que se centra na recuperación de edificios moi deteriorados que non cumpren requisitos básicos de seguridade, funcionalidade ou habitabilidade. A segunda perte é a rexeneración urbana.

No texto tamén se recolle a capacidade que ten a Xunta para expropiar vivendas en ruinas en cascos históricos. Sería no caso de reincidencia tras as advertencias cando a Xunta podería expropiar a propiedade pola mitado de valor catastral.

Outro obxectivo é facilitar a burocracia axilizando trámites e mellorando a coordinación entre administracións. Crearánse as áreas Rexurbe para ter maior efectividade no proceso.

Comentarios