Afundación presenta un curso de cociña internacional para público infantil

Afundación presenta un curso de cociña internacional para público infantil
Afundación presenta un curso de cociña internacional para público infantil

Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e impartirase os sábados 4 e 11 de maio en horario de 11:30 a 13:30 horas

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o curso de cociña infantil "Primavera internacional para os minichefs" na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19). 

Está dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e impartirase os sábados 4 e 11 de maio en horario de 11:30 a 13:30 horas. As inscricións pódense formalizar na web Ataquilla.com ou na propia Sede Afundación de Santiago de Compostela.

Este taller culinario será impartido por Vanessa Sende, e nel os participantes aprenderán a elaborar os pratos máis representativos dalgúns países do mundo. 

Así, os asistentes almorzarán en Reino Unido, irán a Francia a comer pero tomarán a sobremesa en Italia, e terminarán o día tomando makis e naguiris en Xapón.

Comentarios
Lo más