Xona Louzao presenta a súa candidatura para Touro

Xona Louzao presenta a súa candidatura para Touro
Xona Louzao presenta a súa candidatura para Touro

Estarán acompañados por Xosé Luís Rivas, “Mini” parlamentario do BNG no parlamento galego

O BNG de Touro vai presentar este sábado día 4 de maio ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Fonte Díaz a candidatura coa que concurrirá as eleicións municipais do próximo 26 de maio.

É unha candidatura transversal que representa a todos os sectores e a toda a xeografía do concello, igualitaria xa que presenta ao mesmo número de homes que de mulleres, renovada en máis dun 40%, dos catorce candidatos, entre titulares e suplentes, seis preséntanse por primeira vez, e tamén unha candidatura que combina xuventude con experiencia.

Está encabezada polo actual portavoz municipal Xoán Louzao, veciño de Calvos profesor de economía no ensino secundario seguido pola tamén concelleira na pasada lexislatura Sandra Beis, veciña de Novefontes profesora de Lingua e literatura galega no ensino secundario.

O BNG preséntase a estas eleicións co aval do traballo realizado nos últimos catro anos onde foi a forza que dinamizou a vida política municipal coas suas propostas en todos os eidos, coa sua loita contra a ameaza da apertura da mina e coa convición de que é posíbel dar un novo rumbo á política municipal, despois de case trinta anos co mesmo alcalde e coas mesmas políticas que se mostraron ineficaces na solución ao principal problema que afronta o concello que é o a sua perda de poboación e o seu declive.

Facemos unha invitación a toda a poboación do concello para que veña coñecer de primeira man cales son as persoas e as propostas coas que nos presentamos para gobernar e facer de Touro un concello activo e un lugar onde vivir.

Comentarios