O A.C. Órdenes a un paso do Campionato de España

O A.C. Órdenes a un paso do Campionato de España
O A.C. Órdenes a un paso do Campionato de España

Os rapaces están en Asturias dende onte

Onte comezou en Asturias a fase de Sector Norte tras as que se darán a coñecer os equipos clasificados para os Campionatos de España na categoría júnior, na que compiten os rapaces do A.C. Órdenes.

A dita competición, organizada polo Oviedo Roller H.C. e a Federación de Patinaxe do Principado de Asturias, estase a desenvolver no polideportivo de Villafría en Oviedo. 

Entre os equipos galegos desprazados figuran, ademais do A.C. Órdenes, o Club Compañía de María e o H.C. Liceo. 

O resto da táboa complétase co A.D. Patinalón, Oviedo Roller H.C. e o C.P. Cuencas Mineras. Precisamente contra estes últimos empataron a 3 esta mañá os representantes ordenses.


Comentarios