Arden dous contedores de lixo en Compostela

Arden dous contedores de lixo en Compostela
Foto de arquivo
Arden dous contedores de lixo en Compostela

Sucedeu a pasada noite en Conxo e Aríns

Os Bombeiros de Santiago de Compostela tiveron onte traballo xa que foron avisados de dous contedores de lixo orgánico. Cunha diferencia de case unha hora, un aredeu en Aríns e outro en Conxo.

Na rúa das Letras Galegas en Conxo ardeu o primeiro dos contedores poucos minutos despois das 22:00 horas e o segundo foi na estrada de Aríns, nun cruce de pistas.

O primeiro de Conxo puido "sobrevivir" xa que os bombeiros chegaron a tempo para sofocar o lume. Pero do segundo non queda nada, os servicios de Urbaser acudían esta mañá a retirar os restos e poñer un contedor novo.

Comentarios