Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Melide

Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Melide
Foto de arquivo
Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Melide

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 10:50 horas para dar conta do sinistro

Dúas persoas precisaron asistencia médica esta mañá despois dunha colisión na que se viron implicados catro turismos en Melide. Sucedeu na N-547, saíndo do casco urbano, en dirección a Santiago.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 10:50 horas para dar conta do sinistro.

A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.

Comentarios