Miñones presenta a súa candidatura ás eleccións municipais este xoves

Miñones presenta a súa candidatura ás eleccións municipais este xoves
Miñones presenta a súa candidatura ás eleccións municipais este xoves

O alcalde, José Miñones, di que “esta candidatura é un reflexo da sociedade amesá, que cubre case a totalidade das parroquias de Ames, e, que destacan por ser persoas implicadas en diversos colectivos e asociacións”

O PSdeG-PSOE de Ames acordou que presentará a súa candidatura ás Eleccións Municipais nun acto público o vindeiro xoves 9 de maio, e no que ademais darán a saída á campaña electoral que comeza ese mesmo día ás 12 da noite.

O acto que terá lugar na Casa de Cultura de Bertamiráns ás oito e media da noite, contará coa presenza de todas e todos os membros da candidatura socialista que conforman a lista electoral, e na que intervirá o alcalde e candidato socialista, José Miñones, e outros membros da candidatura.

O alcalde, José Miñones, di que “esta candidatura é un reflexo da sociedade amesá, que cubre case a totalidade das parroquias de Ames, e, que destacan por ser persoas implicadas en diversos colectivos e asociacións”, e conitúa dicindo que “é a candidatura que mellor representa aos e ás amesáns, conformada por persoas próximas e pegadas ao concello”

BALANCE DO MANDATO AO FRONTE DA ALCALDÍA

Durante a presentación tamén se fará un pequeno balance destes catro anos ao fronte da alcaldía e no que se destacará a estabilidade acadada, onde Ames se converteu nun concello referente pola súa capacidade de diálogo e entendemento. A eliminación da débeda bancaria municipal, onde se conseguiu que quedase a cero; así como a redución do período de pago a proveedores, a cal quedou fixada no último trimestre en oito días. A transparencia e a atención veciñal, na que se abriron as portas e as fiestras do concello para que todos os veciños e veciñas participaran e coñeceran as decisións do concello.

Destaca o secretario xeral, Blas García, que “pasamos de ocupar páxinas de xornais e informativos polas liortas internas que tivo o anterior goberno do PP, a un Goberno tripartito e en minoría que actuou sempre de xeito único e dando una imaxe clara de cohesión e coordinación”, ademais destaca que esta cohesión “trouxo como resultado a aprobación de tres orzamentos, algo impensable ao comezo do mandato”

SAÍMOS A GAÑAR

O candidato socialista e alcalde, José Miñones, di sentirse orgulloso do actual mandato e afirmou que “temos que saír a explicalo e a defendelo coa cabeza moi alta e satisfeitos polos logros acadados”. Seguiu comentando que o slogan de campaña no 2015 era o de “Queremos outro Ames”, e que “nestes catro anos conseguimos ese Ames desexado: un Ames máis social e máis preocupado polas persoas, un Ames con máis e mellores infraestruturas, un Ames saneado economicamente, un Ames preocupado polo rural, etc.”, “pero -continuou dicindo- sabemos que aínda queda moito por facer e moito que traballar e por iso imos saír a ganar para continuar co traballo destes catro anos”.

Comentarios