Oroso promociona a súa Festa da Troita na localidade portuguesa de Guarda

Oroso promociona a súa Festa da Troita na localidade portuguesa de Guarda
Oroso promociona a súa Festa da Troita na localidade portuguesa de Guarda

Mirás e Leira prepararon unha degustación de máis de 20 quilos de troita que servirá para dar a coñecer na feira o programa da XXIII Festa da Troita

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira estiveron a pasada fin de semana na localidade portuguesa de Guarda para promocionar a XXIII Festa da Troita e o patrimonio natural do municipio coruñés na sexta edición da Feira Ibérica de Turismo (FIT).

Mirás e Leira prepararon unha degustación de máis de 20 quilos de troita que servirá para dar a coñecer na feira o programa da XXIII Festa da Troita, que se celebrará os próximos días 10, 11 e 12 de maio.

“Estamos moi satisfeitos pola boa acollida que tivemos, Oroso está hoxe en día no mapa turístico e esperamos máis de 30.000 persoas na festa do próximo fin de semana”, asegura o alcalde.

“Nos últimos anos, aumentou moito o grado de coñecemento e o interese polo noso concello en Portugal”, engade Mirás. Ademais da Festa da Troita, Oroso mostra na FIT os seus múltiples atractivos turísticos, gastronómicos e artesanais.

“Coa festa da Troita, a semana que vén Oroso é a capital da gastronomía e da festa en Galicia, a edición deste ano será moi especial”, remata Mirás.

Comentarios