Un incendio provoca danos no tellado dunha vivenda en Santiago de Compostela

Un incendio provoca danos no tellado dunha vivenda en Santiago de Compostela
Foto de archivo
Un incendio provoca danos no tellado dunha vivenda en Santiago de Compostela

Ocorreu en rueiro de Figueiriñas, no número 17, ao fío das 00:30 horas

Un incendio declarado a pasada noite nunha casa en Santiago de Compostela deixou danos na parte do tellado da casa, sen que ningunha persoa resultase ferida. Ocorreu en rueiro de Figueiriñas, no número 17, ao fío das 00:30 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do lume e, nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Santiago, da Policía Local e da Policía Nacional.

O 112 Galicia tivo constancia de que o lume reavivouse esta mañá, polo que, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriuse de novo a intervención dos servizos de emerxencia para atallar o lume.


Comentarios