Explotaciones Gallegas contesta ao comunicado de Aldea Viva sobre o regato de Portapego

Explotaciones Gallegas contesta ao comunicado de Aldea Viva sobre o regato de Portapego
Foto de arquivo. Portapego
Explotaciones Gallegas contesta ao comunicado de Aldea Viva sobre o regato de Portapego

Dende a empresa afirman que no se fixeron obras para desviar o caudal e só se trata dunha sanción leve para a que van presentar alegacións

Compostela24horas púxose en contacto con Explotaciones Gallegas S.A. para coñecer de primeira man a súa versión do denunciado por Aldea Viva. Dende o departamento de Comunicación da empresa acláranos de que se trata den expediente aberto pero aínda non hai ningunha sanción, e a empresa presentará alegacións ao respecto.

Explotaciones Gallegas infórmanos que se trata dun expediente aberto por unha infracción leve, o que implica, segundo afirman, que non hai feito delictivo. Tamén sosteñen que en ningún momento se desviuou o cauce do regato, senón que sinxelamente se limpou a canalización. Afirman que analización deste regato taponouse polo paso do tempo e a auga, ao non poder acceder polo cauce orixinal, busca outro camiño. Polo que se limpou a canalización para que o regato volvese ao seu caudal natural. Por este motivo, non se fixo ninguha obra de ningún caudal, segundo nos afirma a empresa implicada.

Tamén informa que a empresa presentará alegacións e esperará a que se resolva o conflicto.

Comentarios
Lo más