Unha persoa resulta ferida ao colidir dous turismos en Riotorto

Unha persoa resulta ferida ao colidir dous turismos en Riotorto
Foto de arquivo
Unha persoa resulta ferida ao colidir dous turismos en Riotorto

O suceso produciuse preto das 10:30 horas

Un choque entre dous vehículos deixa un ferido no concello lugués de Riotorto, concretamente na estrada que une Espasande de Baixo coa localidade.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos sanitarios de urxencia, o suceso produciuse preto das 10:30 horas, e indicaban que ata ao lugar do sinistro achegaban unha ambulancia.

A partir de aí, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Barreiros, aos membros do GES da Pontenova e a Protección Civil da localidade. Así mesmo, informouse do suceso á Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar, o persoal do GES informaba ao 112 Galicia que descartaran empregar o material de excarceración para liberar á persoa.

Comentarios