Oroso investirá 670.000 euros en 13 obras grazas ao superávit co que pechou o ano 2018

Oroso investirá 670.000 euros en 13 obras grazas ao superávit co que pechou o ano 2018
Oroso investirá 670.000 euros en 13 obras grazas ao superávit co que pechou o ano 2018

A partida máis importante, de 175.000 euros, destínase a traballos de mellora da eficiencia enerxética en Porto Avieira

O Concello de Oroso realizará un total de 13 obras no municipio, grazas o superávit co que pechou o ano 2018. O investimento conxunto nos traballos será de 670.998 euros.

“Temos unhas contas saneadas, froito dunha xestión económica responsable, e un remanente de tesourería de 1.340.852 euros, o que nos permite realizar novos investimentos, tendo en conta sempre as demandas dos nosos veciños”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Das 13 obras, a partida máis importante será de 175.000 euros para traballos de mellora da eficiencia enerxética na urbanización Porto Avieira, onde tamén haberá reformas no asfaltado (50.000 euros) e se construirá un novo pozo de bombeo (10.000 euros).

Haberá tamén obras do saneamento e abastacemento de auga en San Román de Pasarelos (80.000 euros), A Baxoia-Deixebre (25.000 euros), e Os Carballos (80.000 euros). O Concello de Oroso investirá 50.000 euros na mellora da pista que une Recouso e A Estrada e outros 59.099 na pista de Ponte Carollo.

Otros traballos incluidos nestos investimentos municipais serán para a senda de Oroso Pequeño a Sigüeiro (40.900,28 euros), o peche do polideportivo Camiño Inglés (20.000 euros), a construción dunha pista de patinaxe (65.587 euros), a instalación dunha pérgola na área de lecer da piscina (11.331 euros), e para unha estatua de homenaxe á Muller Traballadora (4.080 euros).

As obras, que contan co visto bo da intervención municipal e a comisión de contas do concello, serán aprobadas no pleno.

Comentarios