Uxía Lemus, candidata á alcadía do PSOE en Teo, propón un debate entre todos os candidatos

Uxía Lemus, candidata á alcadía do PSOE en Teo, propón un debate entre todos os candidatos
Uxía Lemus, candidata á alcadía do PSOE en Teo, propón un debate entre todos os candidatos

Os Socialistas de Teo defenden, en todo caso, que o debate público debería ser aberto ás preguntas da veciñanza

A candidata socialista ao Concello de Teo, Uxía Lemus propón, como hai catro anos, a realización dun debate público entre os candidatos á alcaldía de Teo, unha vez coñecidos os nomes destes.

Os Socialistas de Teo defenden, en todo caso, que o debate público debería ser aberto ás preguntas da veciñanza, emitido en streaming pola propia web do Concello e debería celebrarse nun local municipal de amplo aforo, como é o auditorio da Ramallosa.

Neste debate, os candidatos poderían confrontar os puntos principais do seu programa electoral, que os Socialistas de Teo presentarán en próximas datas.

Como indica Uxía Lemus, “temas fundamentais para o noso Concello como o centro de día, o novo PXOM e o seu contido, a revisión do Teobus, ou as ameazas medioambientais na Casalonga, deben ser obxecto dun debate no Concello, ao que agardamos que este ano acuda o candidato popular Jose Manuel Guerra, que hai catro anos deu a espantada”.

Comentarios