Controlado e sen risco para a poboación un escape de gas no Porto de Vigo

Controlado e sen risco para a poboación un escape de gas no Porto de Vigo
Foto de arquivo
Controlado e sen risco para a poboación un escape de gas no Porto de Vigo

Foi un veciño quen ás catro desta tarde contactaba co 112 Galicia para dar conta dun posible escape de gas dun contedor situado no Porto de Vigo, en Teis

Os bombeiros colaboraron esta tarde para o control dun escape de gas sen repercusión algunha para a poboación en Vigo.

Foi un veciño quen ás catro desta tarde contactaba co 112 Galicia para dar conta dun posible escape de gas dun contedor situado no Porto de Vigo, en Teis. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos bombeiros da cidade e aos responsables da Autoridade Portuaria para comprobar que se trataba dunha perda nun contedor de dióxido de carbono sen afección algunha para a poboación.

Por precuación, os bombeiros permaneceron no lugar ata que a propia empresa resolveu unha avaría nunha válvula, que foi a causante do escape.

Comentarios