O 112 Galicia contabilizou máis dun cento de incidencias provocadas polo vento e a chuvia

O 112 Galicia contabilizou máis dun cento de incidencias provocadas polo vento e a chuvia
Foto de arquivo
O 112 Galicia contabilizou máis dun cento de incidencias provocadas polo vento e a chuvia

A maior parte das intervencións estiveron relacionadas coa retirada de árbores e pólas caídas nalgunhas estradas e pistas forestais sen que se rexistrasen persoas feridas ou afectadas

O 112 Galicia atendeu ata as 18 horas do día de hoxe 150 incidencias provocadas polo vento e a chuvia.

A maior parte das intervencións estiveron relacionadas coa retirada de árbores e pólas caídas nalgunhas estradas e pistas forestais sen que se rexistrasen persoas feridas ou afectadas.

Por fortuna, ningunha das incidencias revestiron gravidade, aínda que a caída de vexetación, obxectos, cabos e postes ás vías foi unha constante ao longo do día debido, fundamentalmente, á acción do vento.

En xeral, foron as provincias de Lugo e Coruña as que contabilizaron o maior número de incidencias, seguidas de Pontevedra e, en menor medida, de Ourense. Concretamente, Lugo sumou 51 intervencións, fronte ás 48 da Coruña, as 40 de Pontevedra e as 10 de Ourense.

Igualmente, é importante destacar as accións realizadas polos equipos de emerxencias para reducir riscos, pois, desta maneira, evitouse a caída de obxectos, árbores ou pólas e postes de electricidade ou telefónicos. Segundo os datos recollidos polo 112 Galicia, estas intervencións sumaron un total de 23. 

Comentarios
Lo más