Oroso celebra durante este fin de semana a súa XXIII Festa da Troita

Oroso celebra durante este fin de semana a súa XXIII Festa da Troita
Oroso celebra durante este fin de semana a súa XXIII Festa da Troita

“Cúmprense ademais dez anos desde que a nosa gran cita para a gastronomía e a diversión foi declarada Festa de Interese Turístico”, lembra o alcalde de Oroso, Manuel Mirás

O Concello de Oroso celebra desde hoxe e ata o domingo a XXIII Festa da Troita. O municipio convértese ese fin de semana na capital da gastronomía o do ocio en Galicia, xa que está prevista a asistencia de máis de 30.000 persoas.

No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os bailes, os espectáculos de maxia, obradoiros infantís e charangas. Todo comezará mañá pola noite co festival Oroso en Vivo, no que actuarán as orquestras Panorama e Ibiza.

Como non podía ser doutra maneira, haberá tamén as tradicionais degustacións de troita, coa colaboración dos establecementos de hostalaría de Oroso, e o xantar popular do domingo 12 de maio, na carpa da alameda de Góis. O pregón correrá a cargo do reitor da USC, Antonio López.

“Cúmprense ademais dez anos desde que a nosa gran cita para a gastronomía e a diversión foi declarada Festa de Interese Turístico”, lembra o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Haberá tamén os tradicionais campionatos de pesca e a actuación de Barafunda, un grupo de animación que representará a troita e os pescadores polas rúas de Sigüeiro.

Comentarios
Lo más