Compostela Aberta aposta por municipalizar a auga

Compostela Aberta aposta por municipalizar a auga
Compostela Aberta aposta por municipalizar a auga

O candidato á alcaldía comprométese a “abordar o proceso no primeiro tram do mandato, porque xa temos moito camiño andado e porque sabemos que a cidadanía quere recuperar a xestión da auga”

Remunicipalizar o servizo da auga “porque a xestión directa é máis eficiente, transparente e sostible, e porque este é un ben fundamental das persoas, un dereito que non debera estar sometido ás regras do mercado”. Ese é o primeiro dos “trece retos para gañar máis futuro para Santiago”, nos que Compostela Aberta resume o seu programa electoral. O alcalde e candidato á reelección, Martiño Noriega, e o concelleiro e número 7 da candidatura de CA, Xan Duro, explicaron onte as razóns “polas que apostamos por seguir a liña iniciada noutras vilas galegas, do Estado e de toda Europa”.

O alcalde e candidato á reelección reiterou que “Compostela Aberta fará unha aposta decidida pola municipalización da auga, porque xa demostramos que somos quen de enfrontarnos a todas as trabas que se nos poñen para a recuperación de servizos”. Martiño Noriega afirmou que “a municipalización ten que materializarse no primeiro tramo deste mandato, porque xa temos camiño andado: xa creamos a comisión previa, xa encargamos auditorías que estamos convencidos de que demostrarán que é máis eficiente a xestión directa, e xa demos outros pasos para fiscalizar o servizo”.

Noriega mostrou o seu convencemento de que “esta proposta incomoda, e faino porque este é un servizo do que dependen moitos intereses”. Ao respecto, lembrou “as gravacións de Aduanas que forman parte do sumario da Pokemon, nas que se falaba de prórrogas do contrato cunha empresa á que se lle debían favores”. O candidato de Compostela Aberta pediulle ás outras formacións que “se posicionen claramente sobre o que queren para o servizo da auga, e que expliquen por que son reacias á municipalización”.

UN DEREITO DAS PERSOAS

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia/alcalde lembrou que “a Asemblea Xeral de Nacións Unidas recoñece que o acceso á auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, polo que é fundamental que non dependa das regras do mercado”. Xan Duro incidiu en que “os servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e a xustiza, pero tamén o ciclo da auga, non deberán estar sometidos á mercantilización, porque é preciso garantir un acceso non discriminatorio, para todas as persoas nas mesmas condición”.

UNHA APOSTOA POLA EFICIENCIA E A TRANSPARENCIA

O número 7 da candidatura de Compostela Aberta incidiu, ademais, en que “a xestión directa supón apostar pola eficiencia, a sustentabilidade e a transparencia no ciclo da auga”. Xan Duro explicou que “a situación actual é a de grandes operadoras que converten o ciclo da auga nun monopolio co que conseguen grandes beneficios, porque autocómpranse servizos ou tecnoloxías a empresas que forman parte do mesmo grupo, con total opacidade e con condicións contratuais pouco definidas”. Ademais, apuntou, “as tarifas establécense por consideracións puramente comerciais, e os operadores limitan completamente o acceso á información sobre a prestación do servizo ou sobre os clientes do mesmo”.

UN CONTRATO CHEGO DE MODIFICACIÓNS CUESTIONABLES

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia relatou cal é a situación da concesión da auga en Santiago, “con contratos que acumulan modificacións moi cuestionables que lle afectaban a condicións fundamentais, que estenderon con prórrogas uncontrato de 1992 ata este mes de maio de 2019, e que nalgún caso incluíron irregularidades recoñecidas polo Tribunal de Contas”. 

En concreto, Xan Duro referiuse á última modificación da adxudicación a Aquagest, en 1998, “no que a empresa accedeu a facerlle un préstamo de máis de dous millóns de euros ao Concello para financiar eventos relacionados coa Capitalidade Europea da Cultura, préstamo que se lle devolveu a Aquagest a través da propia taxa da auga”. Foi nese momento cando o Concello lle prorrogou o contrato á empresa ata 2019.

Así pois, incidiu Xan Duro a empresa Aquagest, hoxe Viaqua, leva 36 anos xestionando o servizo da auga en Santiago, “cun contrato que deixou ao Concello nunha situación de total dependencia da concesionaria, cunha imposiblidade absoluta de realizar un control efectivo sobre o servizo”.

Comentarios
Lo más