Touro acolle este fin de semana o seu III Rallymix, puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019

Touro acolle este fin de semana o seu III Rallymix, puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019
Touro acolle este fin de semana o seu III Rallymix, puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019

O trazado no que se fará esta proba ten unha lonxitude de 12 quilómetros

O Concello de Touro acolle o próximo fin de semana o seu III Rallymix Concello de Touro, que terá lugar os días 11 e 12 de maio nas pistas de terra e de asfalto da parroquia de Loxo, Concello de Touro (Concello de Touro). O III Rallymix Concello de Touro, organizado pola escudería Touro Motor con apoio da Federación Galega de Automobilismo, da Xunta de Galicia e do Concello de Touro, é valedeiro e puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019. Esta é a segunda proba do campionato.

O Rallymix Concello de Touro 2019 conta cunha parte do trazado sobre asfalto e outra parte sobre terra. O trazado no que se fará esta proba ten unha lonxitude de 12 quilómetros. E a terra representará o 85% do trazado e o resto será asfalto (15%). O circuito discurrirá na parroquia de Loxo. O sábado 11 de maio comenzarán a primeira hora as verificacións administrativas e técnicas. Ás 09.30 horas está previsto o recoñecemento dos tramos polos pilotos. A primeira manga empezará ás 12.30 horas. E haberá outras dúas mangas nese día, que comenzarán unha ás 15.30 horas e a última, ás 17.30 horas. O domingo día 12 de maio contará con dúas mangas. A primeira proba ese día está prevista para ás 09.00 horas; e a segunda será a partir das 11.00 horas. Xa ás 15.30 horas está prevista a entrega de trofeos.

Touro Motor, que preside José Ramón González, confía en que acuda numeroso público e afeccionados a presenciar a proba puntuable para o Campionato de Galicia Rallymix 2019. Hoxe ás 20.00 horas remata o prazo para que os pilotos poidan apuntarse. José Ramón González confía en que compitan máis de 70 de pilotos procedentes de toda Galicia, Asturias, País Vasco e Portugal.

Comentarios
Lo más