Morre un condutor ao saírse da vía na AP-9, ao seu paso por Santiago

Morre un condutor ao saírse da vía na AP-9, ao seu paso por Santiago
Morre un condutor ao saírse da vía na AP-9, ao seu paso por Santiago

Ocorreu pasadas as once horas desta mañá na AP-9, ao paso pola parroquia compostelana de Marantes, a onde acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base na cidade

O condutor dun turismo resultou falecido esta mañá despois de sufrir, posiblemente, unha indisposición e saírse da vía co seu vehículo.

Ocorreu pasadas as once horas desta mañá na AP-9, ao paso pola parroquia compostelana de Marantes, a onde acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base na cidade sen que puidesen facer nada por salvar a vida da persoa.

Precisamente, as labores de asistencia ao condutor obrigaron a interromper o tráfico, á altura do punto quilométrico 58 en sentido sur. Arestora, varios efectivos continúan no lugar ata a retirada do coche accidentado.

Foron varias as persoas que chamaron ao 112 Galicia para dar conta dun turismo que se saíu da vía despois de dar algúns bandazos. Decontado, o persoal do Centro Integardo de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero. Con todo, nada puideron facer por salvar a vida da persoas, que entrara en parada cardiorrespiratoria.

Este operativo o completaron axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do control da autoestrada. 

Comentarios