Touro celebra o Día das Letras Galegas cun concerto da Banda de Música Isabel II

Touro celebra o Día das Letras Galegas cun concerto da Banda de Música Isabel II
Touro celebra o Día das Letras Galegas cun concerto da Banda de Música Isabel II

O Banda de Música interpretará un repertorio con temas galegos ás 20:00 horas

O Concello de Touro celebra o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antón Fraguas, cun Concerto das Letras Galegas 2019 da Banda de Música Isabel II. 

Será hoxe domingo, día 12 de maio, ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Touro. O Banda de Música interpretará un repertorio con temas galegos. Están invitados todos os veciños e veciñas e quen queira achegarse para disfrutar da boa múisca. 

As celebracións continuarán o próximo mércores, 15 de maio, con O paroleiro que presenta Os contos de Pablísimo. A actividade organizada polo Concello de Touro comenzará ás 16.30 horas e será tamén na Casa de Cultura. O Paroleiro é amigo de parolar, gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos. A diversión está garantizada para a tarde do próximo mércores en Touro.

Comentarios
Lo más