Oroso celebrou a súa primeira xornada da XXIII Festa da Troita

Oroso celebrou a súa primeira xornada da XXIII Festa da Troita
Oroso celebrou a súa primeira xornada da XXIII Festa da Troita

Hoxe será o Día Grande, no que se esperan milleiros de persoas

O Concello de Oroso celebrou onte a primeira xornada da XXIII Festa da Troita, tras os concertos de onte pola noite. As rúas tiveron xa un gran ambiente á espera do Día Grande de hoxe, coas tradicionais degustacións nas que haberá milleiros de persoas.

Onte pola mañá inaugurouse a feira de artesanía e a mostra Son do Campo Mulleres Rurais. Tamén comezaron os campionatos de pesca e as charangas amenizaron as rúas. Pola tarde haberá máis actuacións musicais e pola noite chega a quenda das orquestras Olympus e Finisterre.

“Temos unha edición moi especial e ademais o tempo acompañará no Día Grande de mañá, estou seguro de que a xente pasará un gran fin de semana en Oroso, un concello sempre acolledor”, asegura o alcalde, Manuel Mirás

Hoxe domingo, a programación dará comezo ás 9:30 horas co campionato de pesca infantil. Haberá animación de rúa co grupo Barafunda e, como non, as degustacións de troitas na carpa da Alameda de Góis, organizada polo Concello de Oroso, ou en calquera dos establecementos colaboradores.

O concelleiro Luis Rey agradece aos hostaleiros de Oroso “a súa extraordinaria colaboración, pois sen o seu esforzo a Festa da Troita non sería o que é hoxe en día”.

Ás 13:30 horas, terá lugar o pregón da festa, que este ano correrá a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e ás 14:30 horas o xantar popular, onde as troitas volverán ser as protagonistas. 

Comentarios