O galego entra en campaña nas eleccións locais e autonómicas de Castela e León

O galego entra en campaña nas eleccións locais e autonómicas de Castela e León
O galego entra en campaña nas eleccións locais e autonómicas de Castela e León

O Colectivo Fala Ceibe publica unha serie de medidas para que os partidos políticos poidan incluir nos seus programas electorais para a zona do Bierzo

O Colectivo Cultural Fala Ceibe do Bierzo entrou de cheo na campaña electoral de Castela e León, sobre todo na zona do Bierzo, para que os partidos políticos teñan en conta a súas propostas, tanto nas municipais como as autonómicas, sobre a inclusión obrigatoria do galego nos centros educativos do Bierzo.

Tamén reclaman que as Cortes aproben unha Lei de Linguas Rexionais para protexer ao "leonés, galego e o euscaro de Burgos". Ademáis, piden que o galego sexa recoñecido como cooficial e a creación dun Servizo Lingüistico para promocionar o idioma nas diferentes administracións locais e comarcais.

Por último, reclaman que se restitúa a toponimia tradiciaonal da zona e a aplicación do bilingüismo para permitir o galego na documentación, sinais ou letreiros.

Comentarios