Un camión envorca nun accidente en Verín

Un camión envorca nun accidente en Verín
Un camión envorca nun accidente en Verín

O accidente sorprendeu a moitos condutores, quen, ás 17:15 horas de onte, comezaron a chamar ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o camioneiro que parecía estar convulsionando

O 112 Galicia rexistrou na tarde de onte un accidente de tráfico. Un camión para o transporte de animais saíuse da vía e bateu contra a mediana cando circulaba pola A-52, á altura de Verín.

O accidente sorprendeu a moitos condutores, quen, ás 17:15 horas de onte, comezaron a chamar ao 112 Galicia para pedir asistencia médica para o camioneiro que parecía estar convulsionando. Por iso, nun primeiro momento, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias sopesaron enviar o helicóptero medicalizado, pero, finalmente, o condutor puido ser trasladado en ambulancia.

Ademais, desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Verín por se fose necesaria a excarceración, que quedou descartada en canto comprobaron que a persoa estaba accesible e liberada.

Por último, cómpre sinalar que a carga do camión, animais vivos, foron recollidos pola empresa de transporte.

Comentarios
Lo más