Dous feridos en Pontedeume nun choque frontal entre dous turismos

Dous feridos en Pontedeume nun choque frontal entre dous turismos
Dous feridos en Pontedeume nun choque frontal entre dous turismos

O accidente ocorreu sobre as 22:45 horas da noite pasada

Dúas persoas resultaron feridas ao colidir frontalmente dous turismos que circulaban ao redor do punto quilométrico 20 da N-651, ao seu paso por Pontedeume. O accidente ocorreu sobre as 22:45 horas da noite pasada, mesmo na Ponte, por iso, a circulación viuse afectada nese tramo provocando importantes retencións na vía.

Ata o lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia acudiu ademais dos servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén, foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os dous feridos foron trasladados polo persoal do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios