David Rial será o novo adestrador do Santiago Futsal

David Rial será o novo adestrador do Santiago Futsal
David Rial será o novo adestrador do Santiago Futsal

A presentación oficial celebrarase este mércores en lugar e hora por determinar

O Santiago Futsal presentará este mércores a David Rial como novo adestrador do primeiro equipo. O xoven técnico santiagués, vinculado ao club desde 2009, tomará as rendas do conxunto da capital galega polas próximas dúas temporadas.

Tras dirixir a diferentes categorías do club como o filial e os xuvenís en pasadas campañas, esta temporada 2018-2019 compaxinou o seu cargo como segundo adestrador do primeiro equipo coa dirección na selección galega sub 19.

Con esta firma o Santiago Futsal continúa coa súa liña de apostar por adestradores formados na casa co obxectivo manter a metodoloxía de traballo pola cal é referencia o club santiagués.

A presentación oficial celebrarase este mércores en lugar e hora por determinar.

Comentarios
Lo más